Mediante este documento establécense as Condicións Xerais de Contratación do sitio web https://cabeal.es, que ten por obxecto a fabricación e venta decerramentos e estruturas de aluminio de Aluminios Cabeal, S.L. (en diante, Cabeal), con CIF B15959612 e enderezo sito en Polígono Industrial Tambre Via Faraday 1, 15890 Santiago de Compostela, A Coruña, por parte daquelas persoas físicas ou xurídicas (en diante, persoa contratante ou usuario) que manifesten a súa vontade de adquirir os produtos que están á súa disposición na tenda do sitio web https://cabeal.es mediante a solicitude realizada por medios electrónicos, concretamente, vía internet a través dese sitio web titularidade de Cabeal.

1. Información e documentación contractual. Aceptación do contrato

As presentes Condicións Xerais de contratación son expostas con carácter permanente no sitio web https://cabeal.es, titularidade de Cabeal, podendo todo usuario arquivalas, imprimilas e, polo tanto, estar previamente informado das condicións nas que se efectuará a contratación dos produtos da tenda (en diante, o produto).

Da mesma forma, as presentes Condicións Xerais reitéranse xunto cun resumo da solicitude específica –produto/s específico/s contratado/s, custe coa indicación de impostos se fosen de aplicación, gastos de envío, etc.- para a súa aceptación expresa por parte da persoa contratante, mediante un clic de “Lin e acepto os termos e condicións”, cada vez que se faga una solicitude concreta a través do sitio web.

Non é tecnicamente posible que a persoa contratante poida finalizar a solicitude sen que se teña producido a aceptación das presentes Condicións Xerais. Para que a persoa contratante poida efectuar esta aceptación e, polo tanto, realizar a solicitude, debe proporcionar os seus datos ó realizar o pedido en https://cabeal.es, momento no que acepta as presentes Condicións e a Política de Privacidade do sitio web.

A persoa contratante, ó aceptar estas Condicións da o seu consentimento expreso e sen reservas para que Cabeal realice as operacións de cobro precisas para a adquisición do produto que contrata, autorizando expresamente a Cabeal para realizar os cobros nos métodos de pago que ela mesma escolla, ou introducido dende a área segura habilitada ó efecto, de conformidade coa normativa de servizos de pago.

As presentes Condicións Xerais unidas á solicitude específica realizada a través de Internet pola persoa contratante –tamén denominada “Condicións particulares”- configuran o contido do contrato entre Cabeal e a persoa contratante que declara ter capacidade suficiente para contratar y que ten lido, entendido e aceptado as presentes condicións.

Cabeal, no momento de producirse a contratación e nun prazo non superior ás 24 horas enviará o enderezo de correo electrónico asociada á conta da persoa contratante a confirmación do pedido realizado.

A persoa contratante disporá con carácter permanente das presentes Condicións Xerais no sitio web. Calquera modificación posterior das presentes Condicións Xerais será exposta claramente nun lugar de fácil acceso no sitio web https://cabeal.es. Toda a documentación sinalada anteriormente poderá ser impresa y arquivada pola persoa contratante, e poderá solicitala en calquera momento ó Servizo de Atención ao Cliente, vía correo electrónico remitido a info@cabeal.es; ou chamando ao número de teléfono 981 936 350.

Calquera solicitude de información, ou reclamación que sexa considerada pertinente, poderá exporse ó Servizo de Atención ao Cliente nas sinais identificadas no parágrafo anterior. O Servizo acusará recibo da reclamación presentada mediante a remisión do pertinente xustificante –coa correspondente clave identificativa- ó enderezo de correo electrónico que deberá proporcionarse ao Servizo de Atención ao Cliente para tramitar a reclamación.

2. Obxecto

Polo presente contrato, Cabeal comprométese a entregar á persoa contratante o produto que solicitara a través do sitio web https://cabeal.es a cambio dun prezo certo e en atención ás condicións que establece este documento.

3. Dereitos e obrigas de Cabeal

3.1. Entrega do produto

Cabeal comprométese a entregar o produto en perfecto estado no enderezo que a persoa contratante sinale no formulario de pedido onde constan as condicións particulares unidas ás presentes condicións xerais. Cabeal non será responsable polos erros causados na entrega cando os datos introducidos pola persoa contratante no formulario de pedido no se axusten  á realidade ou foran omitidos.

Agás que as partes acorden outra cousa, Cabeal entregará o produto mediante a transmisión da súa posesión material ou control á persoa contratante, sen ningunha demora indebida e de conformidade cos prazos indicados no sitio web. Os prazos de entrega son de entre 7-10 días laborais. Nos produtos feitos a medida os prazos poderían non ser estes, polo que recomendamos aos clientes que consulten previamente. En ningún caso superarán os trinta días naturais contados a partir da celebración do contrato.

3.2. Responsabilidade de Cabeal

Cabeal en ningún caso será responsable en relación a:  

  • Os erros, retrasos no acceso por parte da persoa contratante á hora de introducir os seus datos no formulario de pedido, a lentitude ou imposibilidade da confirmación do pedido ou calquera anomalía que poida xurdir cando estas incidencias sexan debidas a problemas na rede Internet, causas de caso fortuíto ou forza maior e calquera outra incidencia imprevisible allea á boa fe de Cabeal. En todo caso Cabeal comprométese a solucionar os problemas que poidan xurdir e a ofrecer todo o apoio necesario á persoa contratante para chegar a unha solución rápida e satisfactoria da incidencia.
  • Os erros ou danos producidos por un uso do produto pouco eficiente e de mala fe por parte da persoa contratante.
  • A non operatividade do enderezo de correo electrónico facilitado pola persoa contratante para o envío da confirmación do pedido.

Cabeal ten a absoluta responsabilidade pola calidade do produto admitindo a devolución dos mesmos sempre que sexan defectuosos ou non cheguen á persoa contratante en bo estado. Cabeal farase cargo, neste caso, dos gastos ocasionados como consecuencia de tal devolución sempre que a persoa contratante comunique este feito, nun prazo máximo de catorce días naturais contados dende a data de entrega e o produto non fora usado nin alterado en ningún caso. Cabeal queda exenta de toda responsabilidade en relación coas posibles roturas ou defectos do produto producidos despois da entrega deste. Ademais, Cabeal no terá ningunha responsabilidade en relación co produto que fora xa usado ou empregado sen ningún tipo de incidencia por parte da persoa contratante que pretende realizar unha reclamación.

A persoa contratante, antes de firmar a entrega do pedido deberá revisar que o produto é entregado en perfecto estado, se da a súa conformidade no momento de entrega entenderase por ambas partes que o produto foi entregado correctamente e que polo tanto, o posible deterioro produciríase con posterioridade á súa entrega.

A persoa contratante renuncia expresamente a reclamar calquera responsabilidade contractual ou extracontractual polos posibles danos ou prexuízos derivados do sinalado anteriormente nesta cláusula. En todo caso, a responsabilidade de Cabeal se incumpre o sinalado neste acordo segundo os termos das presentes condicións xerais limitarase á devolución do importe que,  no seu caso houbese podido aboar a persoa contratante en relación co produto e sempre previa devolución por parte da persoa contratante do produto en cuestión.

O produto contratado dispón da garantía de conformidade prevista na Lei. Se o produto non fora conforme con contrato, a persoa contratante poderá optar entre esixir a substitución do produto, ou, no seu caso, a rebaixa do seu prezo ou a resolución do contrato, nos termos legalmente establecidos.

4. Dereitos e obrigas da persoa contratante

4.1. Pago

A persoa contratante comprométese a aboar o importe polo produto efectivamente solicitado na cantidade e forma establecida nestas Condicións.

4.1.1. Importe

A remuneración polo produto efectivamente solicitado pola persoa contratante será a sinalada no sitio web e a que figure na solicitude concreta da persoa contratante en cada momento (agás no caso de error tipográfico ou manifesto); solicitudes que constituirán as condicións particulares do pedido. O prezo do produto que aparece no sitio web indícase sempre en euros con impostos incluídos.  

No caso de producirse un erro no prezo do produto solicitado pola persoa contratante, Cabeal informaralle o antes posible e lle dará a opción de reconfirmar o pedido no prezo correcto ou ben anulalo.

O prezo final completo incluirá: os impostos ou taxas, o importe dos incrementos ou descontos que sexan de aplicación á oferta e os gastos adicionais – por exemplo, os asociados ao transporte, medios de pago, etc.- que repercutiranse á persoa contratante, os cales serán expresamente aceptados pola persoa contratante.

Cabeal emitirá a factura correspondente ó produto contratado detallando todos os conceptos que a conforman. A persoa contratante consinte expresamente a remisión da factura de forma telemática, ó enderezo de correo electrónico proporcionado ó tramitar o pedido. En calquera momento, a persoa contratante pode comunicar o seu desexo de recibir as facturas en soporte papel, mediante comunicación dirixida ao Servizo de Atención ao Cliente.

4.1.2. Formas de pago

A persoa contratante deberá abonar o importe correspondente ao produto contratado mediante algún dos métodos e procedementos de pago dispoñibles no sitio web. Cabeal só acepta pagos realizados mediante tarxeta ou Paypal.  

A páxina web de Cabeal cumpre cos estándares vinculados aos protocolos SSL. Desta forma asegúrase unha transacción segura e privada, garantindo ao cliente que Cabeal non poderá acceder nin almacenar ningún dato ofrecido polo cliente á hora de realizar o pago mediante o pago con TPV virtual.

Os gastos adicionais asociados aos métodos de pago seleccionados deberán abonarse e confirmarse de forma independente nos termos que se indican no sitio web. PayPal ten gastos adicionais asociados.

4.2. Desistencia

A persoa contratante, que teña a condición de consumidora de conformidade coa lexislación vixente, pode desistir da contratación realizada en https://cabeal.es, sen necesidade de xustificación, no prazo de catorce días naturais contados a partir do día da entrega do último dos produtos incluídos no contrato.

Non estará suxeita a desistencia a contratación daqueles produtos que son realizados conforme ás especificacións da persoa contratante e claramente personalizados.

Para exercer o dereito de desistencia, a persoa contratante deberá notificar a súa decisión de desistir do contrato a través dunha declaración inequívoca a: Cabeal, en Polígono Industrial Tambre Via Faraday 1, 15890 Santiago de Compostela, A Coruña, ou info@cabeal.es, indicando que desiste do contrato e proporcionando os seguintes datos: referencia do pedido, data de recepción, nome e apelidos da persoa contratante e o seu enderezo. Ademais poderá empregar o modelo de formulario previsto na normativa vixente sobre defensa de consumidores e usuarios. No caso de presentarse o desistencia en papel deberá ir debidamente firmado pola persoa contratante. Para cumprir co prazo, basta con que a notificación sexa enviada antes de que finalice o mesmo.

No caso de desistencia por parte da persoa contratante, Cabeal devolverá tódolos pagos recibidos, incluídos –no seu caso- os gastos de entrega (excepción feita dos gastos adicionais resultantes da elección por parte da persoa contratante dunha modalidade de entrega diferente á modalidade menos custosa de entrega ordinaria que ofrece Cabeal), sen ningunha demora indebida. Dito reembolso efectuarase empregando o mesmo medio de pago empregado para a transacción inicial, a non ser que se acordase expresamente o contrario. A persoa contratante non incorrerá en ningún gasto como consecuencia do reembolso. Cabeal poderá reter o reembolso ata haber recibido os produtos ou ata que presente una proba de devolución destes.

A persoa contratante deberá devolver ou entregar directamente os produtos Cabeal, en Polígono Industrial Tambre Via Faraday 1, 15890 Santiago de Compostela, A Coruña, sen ningunha demora indebida e, en calquera caso, a máis tardar no prazo de catorce días naturais a partir da data na que comunique a súa decisión de desistir do contrato. Considerarase cumprido o prazo se efectúa a devolución dos produtos antes de que conclúa dito prazo. A persoa contratante debe asumir o custe directo de devolución dos produtos. O custe da devolución dependerá da empresa de transporte e/ou mensaxería seleccionada pola persoa contratante para realizar a devolución do produto.

4.3. Responsabilidade da persoa contratante

A persoa contratante asume tódolos riscos de deterioro, menoscabo, danos e perda do produto dende o momento no que este houbera sido posto a súa disposición polo terceiro que, por conta de Cabeal, realiza a entrega do produto solicitado.

A persoa contratante será responsable da diminución de valor dos produtos resultante dunha manipulación distinta á necesaria para establecer a Natureza, as características e, no seu caso, o funcionamento dos produtos.

A persoa contratante comprométese a comprobar o bo estado do produto ante o terceiro que, por conta de Cabeal, realiza a entrega do produto solicitado, comprobación que realizará con carácter previo á firma do comprobante da entrega efectuada.

5. Resolución

Cabeal e a persoa contratante poderán dar por resolto o presente contrato por calquera das causas que se establezan nas leis e en particular polo incumprimento das presentes Condicións Xerais. A resolución do contrato poderá exercitarse contactando coa outra parte:

No enderezo postal proporcionada pola persoa contratante ao contratar o servizo, e no domicilio de Cabeal, identificando debidamente o contrato que preténdese resolver.

6. Dereitos de autor e marca

Cabeal informa que os contidos propios, a programación e o deseño do sitio web https://cabeal.es, atópanse plenamente protexidos polos dereitos de autor, quedando expresamente prohibida toda reprodución, comunicación, distribución e transformación dos referidos elementos protexidos salvo consentimento expreso de Cabeal.

Cabeal pode empregar fontes externas para a elaboración dos seus contidos en determinadas ocasións e/ou establecer links ou hiperenlaces a artigos ou informacións de terceiros citando sempre a fonte. O lexítimo titular dos dereitos de autor destas informacións así incluídas poderá solicitar en calquera momento a eliminación das referidas referencias.

7. Protección de datos

Os datos proporcionados pola persoa contratante de conformidade coas presentes  Condicións Xerais serán tratados nos termos estipulados na Política de Privacidade publicada no sitio web.

8. Xurisdicción e lei aplicable

As presentes condicións xerais están rexidas pola lexislación española. Son competentes para resolver toda controversia ou conflito que se derive das presentes condicións xerais os Xulgados de Santiago de Compostela, renunciando expresamente a persoa contratante a calquera outro privilexio que puidera corresponderlle. As persoas consumidoras poden utilizar a plataforma de resolución extraxudicial de litixios, derivados de contratos de compraventa ou prestación de servizos celebrados en liña, accesible mediante o seguinte enlace: http://ec.europa.eu/odr.

9. Outros

No caso de que calquera cláusula do presente documento sexa declarada nula, as demais cláusulas seguirán vixentes e interpretaranse tendo en conta a vontade das partes e a finalidade mesma das presentes condicións. O presente contrato realízase unicamente en español. Cabeal poderá non exercer algún dos dereitos e facultades conferidos neste documento o que non implicará en ningún caso a renuncia aos mesmos agás recoñecemento expreso por parte de Cabeal.